No 1º trimestre deste curso 2010-2011 imos traballar, as tres aulas de Educación Infantil, o tema da Prehistoria.
Xa falamos de mamuts, homes primitivos, pinturas rupestres...e estamos a elaborar un mural da Prehistoria.
Queremos dar as gracias a todos os que participáchedes con nós (traendo disfraces, dinosaurios, películas...) podedes seguir colaborando!.
Imos ter unha sorpresa relacionada cos medios de transporte na Prehistoria