Que fermosas paisaxes de inverno acaban de expoñer as nenas e os nenos de 6º de Infantil!
16/1/20
13/12/19
Preparando o NADAL 2019
Achégase o Nadal e como todos os anos preparamos traballos especiais para ambientar o cole:
- Na zona de Infantil fixeron un poboado de inverno con casas feitas de caixas de madeira e moi ben decoradas, con figuriñas de plastilina e tamén decoraron dúas árbores con figuriñas realizadas con elementos de refugallo, plásticos...
- Realizaron tarxetas ou postais de Nadal e que temos expostas ao longo da escaleira principal.
- Fixeron un mural do Apalpador
- Tamén están preparando as actuacións para o Festival que faremos o venres 20 de decembro.
- Con tanto traballo teñen moi merecidas as vacacións de Nadal!!!
29/11/19
6º Infantil na Semana da Ciencia
Hoxe tocounos aos nenos e nenas de 6º de Infantil rematar a SEMANA DAS CIENCIAS NO COLEXIO.
Preparamos varios experimentos coa auga que recollimos neste libro.
Tamén fixemos unha campaña moi importante sobre o mal uso dos plásticos pois están contaminando os mares e océanos.
Que ben o pasamos e canto aprendemos!!!
28/11/19
Seguimos experimentando
Esta semana, como é a SEMANA DA CIENCIA, os nenos e nenas de 5º de Infantil fomos ver os experimentos que fixeron os nosos compañeiross e compañeiras e pasámolo moi ben. Por iso nós quixemos probar tamén.
O 1º que fixemos, parecía maxia, unha moeda que desaparece. Metemos unha moeda nun vaso transparente e enchémolo de auga e a moeda vese polos lados do vaso. Logo metemos a moeda debaixo doutro vaso e enchémolo de augo e… Maxia!... a moeda non se ve. Díxonos a profe que isto pasaba por un fenómeno que se chama refracción e que nós aínda non comprendemos ben, porque somos algo pequenos e pequenas, pero de todos xeitos, gustounos moito.
O 2º experimento que fixemos, tamén parecía maxia. Metemos nunha botella de auga baleira un pouco de vinagre. Logo metemos bicarbonato nun globo e con el tapamos a boca da botella e o bicarbonato foi caendo pouquiño a pouco e… empezou a facer unha cousa alucinante, parecía que fervía e o globo íase inchando. Dixo a profe que se producía unha reacción química e con ese gas ínchase o globo. Foi moi divertido!!!
Tanto nos gustou que estamos pensando dedicarnos á Ciencia cando sexamos maiores!!!
26/11/19
Na Semana da Ciencia no colexio
O luns, 25 de novembro comezamos a semana de Ciencia na Escola.
Os nenos e nenas de 4º de infantil fixemos un pequeno experimento na clase: fabricamos plastilina!.
A receita é ben sinxela: fariña, maizena, sal fina, aceite, limón e auga quente.
Despois tivemos que amasar e amasar o noso pedaciño ata que quedou como a plastilina brandiña que adoitamos usar.
Para o toque final tinguímola con colorantes alimentarios, cada un elixiu a cor que prefería, e volta outra vez a remexer na masa e amasala ata que quedara ben mesturada.
Manchámonos moito pero, como podedes ver, pasamos un anaco ben divertido!
25/11/19
Mural de outono, 4º de Infantil
Por fin estamos todos e todas xuntos para poder ensinarvos o noso mural de outono.
É moi especial porque ademáis de usar as nosas mans, empregamos patacas cortadas pola metade para imprimir as follas coas cores de outono.
Pasámolo xenial estampando as follas da árbore e as caídas no chan.
Para rematar quixemos deixar as nosas firmas e para iso temos os selos das letras, para que todos e todas poidamos “escribir” o noso nome.
22/11/19
Actividades na Bibliosoños
Esta semana, na Hora de Ler, participamos nas actividades da Bibliosoños pois fumos invitados a ver os traballos dos compañeiros máis maiores.
- O mércores, 20 de novembro, Día dos Dereitos da Infancia, o alumnado de 1º curso fixo unha presentación que nos gustou moito.
- O xoves, 21 e novembro, o alumnado de 5º e 2º curso dramatizaron o conto de Garavanciño
13/11/19
E agora, O MAGOSTO!!!
No mes de novembro sempre celebramos a nosa Festa do Magosto
Estaba programada para o luns 11, DÍA DO SAN MARTIÑO, pero como deron mal tempo para toda a semana, decidimos celebrala hoxe no pavillón polideportivo do colexio facendo os xa tradicionais xogos e comendo castañas.
No primeiro turno participaron nos xogos todo o alumnado de Primaria, despois degustamos todos xuntos as ricas castañas asadas e por último foi o turno dos xogos para o alumnado de Infantil.
Fixemos unha pequena reportaxe fotográfica da Festa que queda recollida no seguinte vídeo:
30/10/19
SAMAÍN NO COLEXIO
Contacontos na Bibliosoños para o alumnado de Infantil
a cargo das nais de Alex e Sara
de 6º de Infantil,
da mestra Cristina e
do mestre Dani
a cargo das nais de Alex e Sara
de 6º de Infantil,
da mestra Cristina e
do mestre Dani
23/10/19
Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA
O 24 de outubro é o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Nas aulas de infantil están a preparar moitos traballos e cancións para celebrar este día tan especial:

- Elaboraron uns marcapáxinas moi especiais.
- O alumnado de 5º de infantil preparou un mural con motivo do 10º aniversario da mascota da biblioteca "RUFO"

Tamén están aprendendo dúas cancións dedicadas á biblioteca: "Canción para Rufo" e "Unha festa especial" que podemos ver e escoitar nos seguintes vídeos elaborados especialmente para esta celebración.
17/9/19
Benvida ao curso 2019-2020
Queridas familias:
Un ano máis, dámoslles a benvida ao novo curso académico, en nome de toda a Comunidade Educativa do CEIP de CELEIRO.
Ao chegar o mes de setembro, todos facemos bos e renovados propósitos.
Un ano máis, dámoslles a benvida ao novo curso académico, en nome de toda a Comunidade Educativa do CEIP de CELEIRO.
Ao chegar o mes de setembro, todos facemos bos e renovados propósitos.
Xunto ao material escolar, aínda sen estrear: axendas, cadernos, libros, lapis, rotuladores,… hai unha chea de incógnitas, de ilusións, de expectativas, de ganas de facer novos amigos. Pero, sobre todo, de ganas de ser mellores persoas.
Por iso seguiremos traballando na mesma dirección que vostedes, con agarimo e seguridade, para ofrecer aos seus fillos a mellor formación, humana e académica.
Porque, sen dúbida, a educación é unha tarefa que nos compromete a todos.
10/9/19
18/6/19
Hoxe gradúanse as nenas e nenos de 6º Infantil
Que gran día o de hoxe!.
Na Biblioteca todo estaba preparado para recibir ao alumnado e
profesorado de Infantil, un acontecemento moi especial ía ter lugar como cada ano ao
rematar o curso escolar.
Primeiro chegaron os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil e logo xa fixeron entrada todo o alumnado da aula da titora Cristina Freán Lamela é dicir os nenos e nenas de 6º infantil que xa rematan esta etapa tan importante.
Despois de saudar, visionamos un vídeo resumo da súa etapa, cando
chegaron con tres anos ata o día de hoxe; tiveron palabras de
agradecemento para todo o profesorado; a súa titora entregoulles a cada
nena e neno un diploma; por último houbo moitos agasallos, bicos e abrazos.
VÍDEO RESUMO DA PROMOCIÓN
VÍDEO RESUMO DA GRADUACIÓN
6/6/19
"Infantil rematou"
Este é o video que fixemos na aula de 6º de Infantil para despedir esta etapa tan importante para nós.
Esperamos que disfrutedes tanto del coma nós pensando, ensaiando,gravando... Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Esperamos que disfrutedes tanto del coma nós pensando, ensaiando,gravando... Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
5/6/19
Sesión de Teatro no Pastor Díaz de Viveiro
Na mañá do martes, 4 de xuño, o alumnado de Infantil, xunto coas súas mestras, viaxaron ata o Teatro Pastor Díaz de Viveiro para disfrutar dunha sesión de teatro: "A ovella Engracia".
A ovella Engracia, coa súa amiga Branca, conta aos nenos a historia de cando foi a buscar a lúa e todos os amigos cos que se atopou polo camiño, con música en directo.
Nesta sesión de teatro participaron varios centros do Concello de Viveiro e para o noso centro foi subvencionada pola ANPA do colexio.
Dámoslles as gracias por esta e moitas máis iniciativas que teñen ao longo do curso.
31/5/19
Excursión de fin de curso á Praia de Esteiro (Barqueiro-Mañón)
O xoves, 30 de maio de 2019, o alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil, xunto coas mestras Ana, Cristina, Mari, Iris, Esther, María e Marta viaxaron en autobús rumbo á Praia de Esteiro no Barqueiro, alí disfrutaron dunha preciosa mañá con xogos na area, tomaron a merenda de media mañá con moito apetito e volvemos moi cansos cara o colexio.
No seguinte vídeo podemos ver unha pequena reportaxe da pequena excursión á praia.
16/5/19
O gran mural das nosas árbores
Os nenos e nenas de Infantil fixemos este mural como peche do proxecto que traballamos ao longo deste curso titulado "Ao abeiro dos nosos montes".
Nas aulas traballamos distintos aspectos das plantas e árbores:
- como seres vivos
- as súas partes e as funcións que desempeñan
- o seu ciclo vital...
Tratamos de representar esta información de xeito diferente con desplegables, rodas, libriños...
Cada aula elixiu unha árbore das que medran ao redor do colexio para estudala máis polo miúdo.
Na aula de 3 anos traballaron o acivro, a aula de 4 anos investigou sobre a moreira e na aula de 6 anos elixiron a pereira, o castiñeiro, o carballo e o piñeiro.
Quedounos un mural moi completo e para explicalo realizamos este vídeo.
Esperamos que vos guste!!!
15/5/19
SEMENTEIRA DE INFANTIL
Nesta bonita mañá do mes de maio os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil levaron a cabo unha sementeira de perexil, landras, xirasois, eneldo, manzanilla... para despois poder plantar no horto escolar.
30/4/19
26/4/19
Traballos da aula de 5º Infantil
A primavera chegou a aula de 5º de Infantil
- As ventás cheas e bolboretas e paxaros
- "O gran mural da primavera" é un mural moi especial porque inventaron formas de insectos e flores, recortaron e reciclaron papel, aprenderon nomes... CREARON!!!
LEMOS NA BIBLIOTECA E PASÁMOLO MOI BEN!!!
8/4/19
UNHA CLASE MOI ESPECIAL
"Ao abeiro dos nosos montes"
Marcos Besada (Enxeñeiro Agrícola) estivo co alumnado de Infantil e a súa charla estivo relacionada coas árbores.
Marcos Besada (Enxeñeiro Agrícola) estivo co alumnado de Infantil e a súa charla estivo relacionada coas árbores.
Foi unha clase moi participativa pois a través de preguntas o alumnado ía dando a información aprendida nas diferentes aulas.
Descubriron que saben o nome de moitas árbores, as súas diferentes partes, aprenderon a elaborar unha ficha para ir catalogando as mesmas e ata descubriron como se pode medir unha árbore cun pequeno lapis.
A clase rematou facendo unha visita ás diferentes árbores do colexio...
Marcos ensinounos unha páxina ARBOLAPP onde podemos aprender moitas máis cousas sobre as árbores e tamén o seguinte vídeo
Marcos ensinounos unha páxina ARBOLAPP onde podemos aprender moitas máis cousas sobre as árbores e tamén o seguinte vídeo
21/3/19
Obradoiro dos presentadores, 4º Infantil
Presentamos o vídeo do alumnado de 4º de Infantil realizado pola súa mestra Iris.
Na Semana da Prensa na Escola fixeron un "Obradoiro de Presentadores"
e recolleron este pequeno traballo.
e recolleron este pequeno traballo.
20/3/19
MÁIS TRABALLOS SOBRE AS ÁRBORES
O alumnado de Infantil segue a traballar no Proxecto deste curso que ten como tema os montes, as árbores e animais que nel habitan.
Nesta ocasión están a elaborar un gran mural que vai levar unha información sobre os beneficios das árbores que prepararon as nenas e nenos de 6º de Infantil
Un bonito traballo que podemos ver na seguinte presentación.
15/3/19
TRABALLOS SOBRE A POESÍA E AS ÁRBORES
O xoves, 21 de marzo, celebraremos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga, por iso nas aulas xa se están realizando moitas actividades.
Agora presentamos un vídeo que recolle dous poemas musicados:
- "Verdes, Verdes" con debuxos feitos polo alumnado de 6º Infantil e cantado polo alumnado de 2º curso.
- "TOC, TIC, TOC" con debuxos feitos polo alumnado de 5º Infantil e cantado polo alumnado de 6º de Infantil.
21/2/19
11/2/19
O noso alumnado participa no "FUN POLO AIRE"
FUN POLO AIRE
Na mañá do xoves, 7 de febreiro, alumnado de Infantil, 1º e 2º curso de Primaria, do noso colexio participou na gravación dunha sección do porgrama da TVG Fun polo aire, que se emite polas tardes.
Fixeron a gravación na Biblioteca do colexio coa reporteira Nuria Castro e o cámara Marcos Sarmiento.
O programa seguramente xa se emitirá na tarde do venres 8 de febreiro e tamén estará colgado na páxina da CRTVG.
1/2/19
DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
No blog do DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA podemos ver todo o que fixemos para celebrar esta data tan importante.
Tamén podemos ver o seguinte vídeo realizado polo alumnado de 5º de Infantil.
11/1/19
21/12/18
FESTIVAL DE NADAL E VISITA DO APALPADOR
E xa chegamos ao final do 1º trimestre, todo estaba preparado para o gran día!.
O alumnado de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Cristina Freán, prepararon unha dramatización moi especial do conto "O Apalpador e o arco da vella".
Tamén cantamos as panxoliñas que preparamos para este Nadal.
Tivemos a visita especial do noso particular Apalpador e por último disfrutamos dunha pequena sesión de cine nas diferentes aulas.
Foi un día moi especial!
FELICES VACACIÓNS DE NADAL
18/12/18
Aprendemos moitas cousas sobre correos
O alumnado de Infantil, 1º e 2º curso,
na Biblioteca do Colexio, tiveron a
visita de dúas carteiras, Loreto e Elisa Rapa, tía e nai de Antía de 2º
e Adrián de 5º Infantil.
Elas levan moitos anos sendo carteiras do servizo de Correos.
Explicáronlles todo o procedemento desde que escribimos e enviamos unha carta ata a entrega e recepción do destinatario.
Fixeron moitas preguntas e aprenderon moitas cousas sobre este importante servizo de comunicación.
Moitas gracias ás dúas pola súa dispoñibilidade e atención hacia o noso alumnado.3/12/18
Apadriñamento Lector
Hoxe, o alumnado de 4º curso de Primaria, presentou o Apadriñamento Lector que estiveron preparando estas semanas. Prepararon os textos, a indumentaria, o atrezzo, decorados...
A obra elixida nesta ocasión foi o abra musical
"Nun mercado persa"
de Albert William Ketèlby.
É unha pequena composición escrita en 1920 onde Ketèlbey tenta describir musicalmente o ambiente dun mercado de Bagdad.
A música describe sucesivamente:
- A chegada dos camelleros e o paso majestuoso das súas monturas.
- O canto dos esmoleiros.
- A chegada da Princesa.
- Os malabaristas e os encantadores de serpes.
- O paso solemne do Califa visitando o mercado.
- De novo o canto dos esmoleiros, a melodía da princesa e a caravana dos camelleros afastándose, simbolizando o final do mercado no crepúsculo.
20/11/18
Sesión de Apadriñamento Lector
9/11/18
Para traballar os DEREITOS DA INFANCIA
Para traballar o Día dos Dereitos da Infancia podemos repasar moitas das cancións que xa traballamos en cursos anteriores. Atopámolas na páxina seguinte:
CLICA NA IMAXE
31/10/18
Celebramos o Samaín
O alumnado de Infantil, 1º e 2º curso, para celebrar o Samaín, fixeron moitos traballos nas aulas e tamén en colaboración coas familias.
No seguinte vídeo podemos ver os mesmos e tamén a sesión de contos na biblioteca e a festa no ximnasio do alumnado de Infantil.
30/10/18
27/10/18
25/10/18
DÍA DE CELEBRACIÓN
Na mañá do mércores, 24 de outubro, na Bibliosoños e divididos en varios grupos, realizamos diferentes actividades:
- Falamos da importancia da Biblioteca do noso colexio.
- Presentamos o libro "POEMAS PARA O OUTONO" coa recompilación dos poemas que fixeron as nenas e nenos nas súas casas.
- Visualizamos os vídeos conmemorativos que realizaron o alumnado de 4º, 5º e 6º curso.
- As nenas e nenos de 2º curso fixeron unha sesión de recitado de poemas de xoán Neira.
- O alumnado de 4º, 5º e 6º curso tiveron un Encontro Literario co poeta Xoán Neira.
No seguinte vídeo recóllese un pequeno resumo das diferentes sesións e traballos realizados previamente.
23/10/18
VÍDEOS CONMEMORATIVOS DÍA DA BIBLIOTECA
Para conmemorar o Día da Biblioteca Escolar elaboramos uns vídeos que combinan poesía, música e linguaxes diversas (debuxo, linguaxe con pictogramas, linguaxe de signos).
4º curso, POEMA: OUTONO de Xoán Neira
5º curso, POEMA: O MAGOSTO de Xoán Neira
6º curso, POEMA: O RATO DE BIBLIOTECA de Xoán Neira.
19/10/18
MURAL DO ALUMNADO DE 4º INFANTIL
POEMA: As Estrelas (Xoán Neira) -Xiz de Cor
AS ESTRELAS
Quen sementa cada noite
o firmamento de estrelas?
A estrela que está núa
treme de frío no inverno
e nas noites de verán
báñase nos mares da lúa.
A estrela coa que eu soño
brilla coma un diamante,
titila e chíscame o ollo.
Esa estrela que chora
é unha bágoa de luz
que se desprende e voa
Quen rouba cada amencer
as estreliñas do ceo?
Os MARCAPÁXINAS das nenas e nenos de Infantil
Para celebrar o Día da Biblioteca fixemos uns MARCAPÁXINAS moi especiais pois levan escritos versos de grandes poetas como Manuel María, Xoán Neira e María Canosa.
15/10/18
12/9/18
1º día do curso 2018-2019
Enviámoslles un afectuoso saúdo de
benvida ao iniciar este novo curso escolar.
Comezamos esta nova andaina con entusiasmo e ilusión e como
sempre, comprometéndonos a impartir unha formación integral, enfocada
cara á adquisición de valores, aprendizaxes e competencias.
18/6/18
Un día moi especial!!!
Que gran día o de hoxe!.
Na Biblioteca, todo estaba preparado para recibir ao alumnado e profesorado de Infantil, un acontecemento ía ter lugar como cada ano ao rematar o curso escolar.
Primeiro chegaron os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil e logo xa fixeron entrada todo o alumnado da aula da titora Ana Lago é dicir os nenos e nenas de 6º infantil que xa rematan esta etapa tan bonita e tan importante.
Despois de saudar, visionamos un vídeo resumo da súa etapa, cando chegaron con tres anos ata o día de hoxe; tiveron palabras de agradecemento para todo o profesorado; a súa titora entregoulles a cada nena e neno un diploma e a orla da promoción; por último houbo agasallos para as profesoras por parte das familias.
Foi un acto de graduación moi emocionante con choros, risas, aplausos, palabras de agradecemento...
VÍDEO DO ACTO DA GRADUACIÓN
2/6/18
Imos de excursión á praia
Despois de ter que aplazar esta pequena excursión por mor da choiva, o venres, 1 de xuño todo o alumnado de Infantil, xunto coas súas titoras e profesorado acompañante, dirixímonos en autobús á praia de Area.
As nenas e nenos, coas súas merendas e utensilios para xogar coa area, chegaron moi ilusionados para compartir unha mañá con todos os seus compañeiros.
O tempo chegou a pouco pois pasáronno estupendamente e volveron ao colexio satisfeitos e "cargadiños de area" esperando que chegue xa o verán para poder disfrutar novamente da praia.
29/5/18
"Despedida dos nenos e nenas de 6º de Infantil"
O curso acaba e os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil rematamos esta fermosa etapa.
Queremos facelo dun xeito moi especial, por iso preparamos un baile e unha canción na que vos transmitimos o nosos sentir.
Estamos desexando compartilo con vós. Aí vai.
23/5/18
Libriño: Tradicións
As nenas e nenos de 4º Infantil tamén remataron o seu libriño sobre as tradicións no Concello de Viveiro.
11/5/18
Libriño: AS TRADICIÓNS
Os nenos e nenas de 6º de Infantil acaban de rematar o libriño sobre AS TRADICIÓNS dentro do Proxecto documental que traballamos este curso: "Viveiro, o noso concello".
2/5/18
Visitamos un Supermercado
Na mañá do mércores, 2 de maio, todo o alumnado tivo a oportunidade de facer unha visita ao Supermercado EROSKI.
Ao chegar déronnos a benvida Eva e Ana; logo visitamos as seguintes seccións: froitas e verduras, panadaría, peixaría, carnicería, lácteos e por último a sección do aseo persoal.
Ao chegar déronnos a benvida Eva e Ana; logo visitamos as seguintes seccións: froitas e verduras, panadaría, peixaría, carnicería, lácteos e por último a sección do aseo persoal.
Como despedida agasalláronnos cunha bolsiña que levaba froita, auga, galletas...
Aprenderon moitas cousas e pasáronno moi ben.
Damos as gracias a todo o persoal do Supermercado pola súa amabilidade.
Mural do Concello de Viveiro
Xa completamos o Mural sobre o Concello de Viveiro.
Na súa realización participou todo o alumnado e profesorado de Infantil.
Este traballo forma parte do Proxecto Documental que realizamos durante este curso.
30/4/18
Día Mundial da Danza
O Día Mundial da Danza, celébrase o 29 de abril.
Busca celebrar a universalidade desa arte,
atravesando todas as barreiras políticas, culturais e étnicas.
Celébrase
desde 1982, por iniciativa do CID-UNESCO. A data elixida, coincide coa
data do nacemento de Jean-Georges Noverre (1727-1810), creador do Ballet Moderno.
Na aula de música aprendemos diferentes danzas populares do mundo.
Aos máis pequenos gústalles a "Danza do Zapateiro".
É unha danza popular de Dinamarca, báilase en parellas e ten tres pasos diferentes: cosemos, clavamos e bailamos.
No seguinte vídeo podemos ver ao alumnado de 5º e 6º de Infantil.
24/4/18
Sesión de Teatro e percorrido polo Casco Histórico
Na mañá do día 23 de abril, todo o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso, tiñamos programada unha saída a Viveiro para facer un pequeno percorrido polo Casco Histórico e ver os pricipais monumentos e lugares de interese:
- Calexón do Muro, Rúa Rosalía de Castro, Porta da Vila, Gruta de Lourdes, Convento das Concepcionistas, Calexa das Monxas, Porta do Valado, Igrexa de Santa María, Igrexa e Claustro de San Francisco.
Agradecemos a colaboración da ANPA do colexio pois foi ela a que patrocinou esta sesión de teatro.
18/4/18
Un bonito día de primavera
Non nos poidemos resistir!, o día invitábanos a saír polo noso entorno!
Paseamos polo campo, observamos a charca e as plantas e antes de xogar no patio de recreo tomamos a merenda de media mañá todos xuntos.
16/4/18
Observando como xermolan as sementes de mirasois
O alumnado de 5º de Infantil achegouse ata o invernadoiro onde están os semilleiros de xirasois que prepararon polo día da árbore.
Moitas das sementes xa comezaron a saír e pronto haberá que plantalas.


22/3/18
Dúas celebracións moi importantes
O día 21 de marzo celebramos o
DÍA DA ÁRBORE E O DÍA DA AUGA
Tivemos un día estupendo despois de tanta choiva (e tan necesaria) como caeu este mes.
Preparamos as seguintes actividades que podemos ver na seguinte presentación e no vídeo resumen
9/3/18
Visita da Policía Nacional
Novamente o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, estivo no noso centro co alumnado de Infantil para explicarlles as funcións da Policía Nacional. As nenas e nenos fixéronlle moitas preguntas e así poideron saber moitas cousas sobre a POLICÍA NACIONAL.
- Que hai que estudar para ser policía?
- Cómo se atrapan aos delincuentes?
5/3/18
Novo traballo
O alumnado de 6º de Infantil segue a traballar no Proxecto Documental sobre Viveiro, o noso concello e agora presentan o seguinte libriño. Nesta ocasión é o de Ainara Martínez
23/2/18
Celebramos o DÍA DE ROSALÍA
Na mañá do venres, 23 de febreiro, todo o colexio celebramos este día levando a nosa GRAN FIESTRA á Praza do Chao, seguindo a proposta da AELG
Recitamos poemas e cantamos as cancións:
- Adiós ríos, adiós fontes
- Pasa río
Ao rematar as clases levamos para as nosas casas a ROSALÍA para poñela nas fiestras.






























